Sede electrónica Concello de Carballo

13:52:00 Martes 7 de xullo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de obra

Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Disposición derradeira terceira da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia que modifica a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).

Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Obra.
  • Xustificación do pago de tributos que establecen as ordenanzas fiscais.
  • Copia de autorizacións sectoriais, (de ser legalmente esixibles, augas, estradas, etc...).
  • Descrición suficiente das características da obra, formada por:
    - Plano de situación catastral e urbanístico, coa situación exacta da actuación que se pretende realizar, ou indicación da referencia catastral completa.
    - Fotografías da edificación ou parcela, e do interior do local ou vivenda cando sexan interiores.
    - Presuposto detallado de execución material das obras.
    - Descrición das características da obra, materiais e dimensións.
  • No caso de OBRAS DE CERRAMENTOS DE PARCELA ademáis a seguinte:
    - Croquis en planta indicando a distancia á beira do camino público e ao eixo do vial
    - Croquis acotado indicando as alturas do cerramento.
  • No caso de OBRAS DE CAMBIO DE CUBERTA e ELEMENTOS PORTANTES, ademáis o seguinte:
    Documentación técnica integrada, asignada por técnico competente, contendo como mínimo:
    - Memoria: Memoria Descritiva (con indicación da composición e material da cuberta existente e da nova) e Memoria Urbanística (de que as obras que se pretenden realizar cumpren coa normativa urbanística e reúnen as condicións de seguridade e solidez estructural).
    - Medicións e Presuposto: detallado (capítulos e partidas).
    - Planos: reflexando estado previo e final, que serán acotados e conterán planta, alzados e sección.
  • No caso de OBRAS DE EDIFICACIÓN DE NOVA CONSTRUCCIÓN, QUE SEXAN DE ESCASA ENTIDADE CONSTRUTIVA E SINXELEZA TÉCNICA (*) ademáis o seguinte:
    Documentación técnica integrada, asinada por técnico competente, contendo como mínimo:
    - Memoria: Memoria Descritiva (con indicación expresa do uso ao que pretende destinarse) e Memoria Urbanística (de que as obras que se pretenden realizar cumpren coa normativa urbanística e reúnen as condicións de seguridade e solidez estrutural).
    - Medicións e Presuposto: detallado (capítulos e partidas).
    - Planos: Plano da Parcela (coa composición exacta da actuación indicando as distancias aos lindeiros e onde se representen todas as edificacións existentes na parcela sinalando os usos e superficies) e Planos de Arquitectura, que serán acotados e conterán planta, alzados e sección/s.
    (*) Considéranse obras de nova edificación de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica aquelas que reúnan as seguintes condicións: que non teñan de forma eventual ou permanente carácter residencial nin público, que se desenvolvan nunha única planta de altura máxima 3m, que a superficie construída non supere 25 m2 e que se realice a base de elementos portantes prefabricados. Exclúese desta consideración as edificacións situadas en solo rústico en parcelas sen edificar (que, dada a súa excepcionalidade, deberán contar con xustificación técnica da súa necesidade e uso en solo rústico).

Nome: Comunicación Previa de Obra.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.