OEP 2022 (E). LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS/AS. ORDENANZA CONSERXE INST. DEPORTIVAS. CONCURSO-OPOSICIÓN
EXP: 2022/E001/000071
Publicada a Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, de dos (2) prazas de persoal laboral fixo no posto de ORDENANZA CONSERXE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 131 do 9 de xullo de 2024.
Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o VENRES 12 DE XULLO DO 2024 ÁS 12.00 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes que teñan que realizar a PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA o vindeiro VENRES 12 DE XULLO DO 2024, ÁS 13.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro VENRES 19 DE XULLO, ÁS 10.00 HORAS, no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).