OEP 2022 (E). LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS/AS. TRABALLADOR/A SOCIAL. CONCURSO-OPOSICIÓN
EXP: 2022/E001/000068
Publicada a Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de TRABALLADOR/A SOCIAL incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 131 do 9 de xullo de 2024.
Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 10 DE XULLO DO 2024, ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO TEÓRICO-PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro MÉRCORES 31 DE XULLO, ÁS 11.00 HORAS, NO SALÓN DE PLENOS, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).