TÉCNICO/A EDUCACIÓN FAMILIAR. RESULTADOS PROVISIONAIS TEST
EXP: 2023/E001/000020
FASE DE OPOSICIÓN - BAREMACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO: PROBA TIPO TEST
Publicación da relación de respostas correctas ás preguntas formuladas: ANEXO I.
Publicación dos resultados do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición: ANEXO II.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas, no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.
Polo que o prazo de alegacións será desde o DÍA 03/07/2024 al DÍA 05/07/2024, ambos incluidos.
A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados ao primeiro exercicio, proba tipo test, realizarase en sesión pública o vindeiro luns 29 DE XULLO ás 12.00 horas no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
A previsión para a realización do segundo exercicio, proba práctica, da fase de oposición é na PRIMEIRA QUINCENA DE SETEMBRO.