Sede electrónica Concello de Carballo

01:22:43 Venres 26 de abril 2024

Información

SERVIZO DE PERSOAL

29/05/2023

TÉCNICO ORIENTACIÓN LABORAL - Modificación Bases OEP 2022 Estabilización e apertura de novo prazo

EXP: 2022/E001/000035

Publicación da modificación das bases xerais e bases específicas dos procesos selectivos a desenvolver polos sistemas de concurso e concurso - oposición correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do concello de carballo incluídas na oferta de emprego público de 2022, no que se refire ás condicións de admisión dos/as aspirantes ás prazas de Técnico Orientación Laboral. (Expte. 2022/E001/000035)

Apertura dun novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da nova convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP) desta modificación.

Este novo prazo de presentación de instancias unicamente se abre para aquelas persoas que estean en posesión das titulacións de Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía e as de Diplomado/a en Graduado Social, Relacións Laborais ou Licenciado/a en Ciencias do Traballo.

Non obstante ó anterior e a apertura dun novo prazo de presentación de instancias, os méritos valoraranse con referencia ao 16 de xaneiro de 2023, data na que rematou o prazo inicial de presentación de instancias aberto trala publicación do anuncio da convocatoria no BOE do 16 de decembro de 2022.

Os/as aspirantes que teñan presentado solicitude de participación dentro do prazo inicial de presentación de instancias, aberto coa publicación no BOE do 16/12/2022 do anuncio da convocatoria, non precisan reiterar a instancia, salvo renuncia expresa.


Xustificantes de Publicación: