Sede electrónica Concello de Carballo

14:55:53 Martes 7 de xullo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aqueles propietarios e/ou posuidores lexítimos dos inmobles aos que se lles deba permitir o acceso, así como os promotores ou contratistas nos supostos de obra.

Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar unha licenza de vaos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • No caso dun vado permanente: 
    - Copia do título habilitante para o garaxe. 
    No caso de tratarse dun aparcamento de vehículos que non exceda de 100 m2, considerarase local de risco especial baixo conforme ao DB-SI, e disporá de:
    - Extintor de eficacia 21A-113B.
    - Porta de saída abatible, de eixe vertical e de a lo menos 80 cm de anchura.
    - As portas de comunicación co resto do edificio serán El2 45-C5.
    - Sinalizar o recorrido de evacuación e dispor de alumeado de emerxencia.
    - Ventilación natural permanente.
  • No caso dun vado laboral: 

        - Copia do título habilitante para a actividade.

  • No caso dun vado de obra:

        - Copia da licenza de obra.

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.