Sede electrónica Concello de Carballo

13:36:01 Martes 7 de xullo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de autorización para a ocupación (temporal) da vía pública

O procedemento de "autorización para a ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo.

Calquera persoa física e/ou xurídica que desexe solicitar unha licenza para a ocupación da vía pública.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Copia da solicitude de licenza de obra ou declaración responsable.
  • Plano ou croquis no que se especifique o emprazamento da instalación. No caso de guindastre fixo, o plano a presentar será o contido no estudio ou no plan de seguridade da obra.
  • Copia do seguro de responsabilidade civil ó corrente de pago, no caso de andamio ou guindastre.
  • Xustificación do pago de tributos correspondentes que establezan as ordenanzas fiscais.

Nome: Solicitude de licenza para a ocupación da vía pública.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de ejecución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.