Sede electrónica Concello de Carballo

09:29:10 Sábado 22 de xaneiro 2022

Información

INTERVENCION

03/01/2022

ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE CARBALLO 2022. APROBACIÓN INICIAL

En sesión ordinaria do dia 27 de decembro de 2021, o Pleno desta Corporación acordou aprobar inicialmente o Orzamento Xeral para o exercicio 2022 e as bases para a súa execución.

Na Intervención desta entidade local e conforme dispoñen os artigos 112 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público o expediente, por espazo de quince días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia para os efectos de reclamacións.

Durante este prazo, os interesados que estean lexitimados, poderán presentar ante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

De non se presentaren reclamacións, o Orzamento para 2022 e as bases para a súa execución, consideraránse definitivamente aprobados.


Xustificantes de Publicación: